«A maxia é o arte de crear ilusións que despertan emocións, en ‘Maxia Fu’ esas emocións convértense en realidade.»

«Maxia Fu» non é simplemente un espectáculo de maxia; é unha experiencia interactiva que fusiona os elementos máis destacados de diversas artes escénicas para crear algo verdadeiramente único e emocionante.

No escenario deslumbrante de «Maxia Fu», desprégase unha homenaxe vibrante e moderna aos mestres da maxia que deixaron unha pegada indeleble no arte do ilusionismo, influenciando directamente ao maxo Richard e a súa visión creativa da maxia.

Este espectáculo non só rende homenaxe aos grandes da maxia, senón que os revitaliza cunha sensibilidade contemporánea que os fai máis accesibles e emocionantes que nunca. Cada acto é unha celebración dos innovadores trucos e técnicas que estes mestres pioneiros perfeccionaron ao longo dos anos, agora reinterpretados polo Mago Richard.

Dende o momento en que se alza o telón, os espectadores son transportados a un mundo onde os límites da realidade difuminánse e a maxia cobra vida. Este espectáculo é máis que un simple exhibición de ilusións; é unha homenaxe apaixonada aos mestres da maxia que deixaron a súa pegada na historia do ilusionismo.

A música, coidadosamente escollida para complementar cada acto, crea unha atmosfera máxica que envolve aos espectadores. Os fondos musicais son a banda sonora perfecta para unha velada chea de maxia e misterio.

Pero o que realmente distingue a «Maxia Fu» é a súa interacción co público. Os espectadores non son simples observadores, senón participantes activos na experiencia. Cunha invitación aberta ao escenario, o Mago Richard crea momentos de conexión xenuína que fan que cada espectador se sinta parte integral do espectáculo.

Os gags inspirados no mundo do clown engaden un toque de humor e diversión, as risas resoan en todo o teatro. A presenza da globoflexia engade un elemento visual impresionante ao espectáculo, con globoesculturas que sorprenden tanto a mozos como a adultos.

«Maxia Fu» está pensado especialmente para ser desfrutado por toda a familia. Os xogos de maxia, seleccionados coidadosamente para adaptarse á idade do público, garanten que cada espectador se ilusione con efectos sorprendentes a súa participación no espectáculo.

En resumo, «Maxia Fu» é unha experiencia que non debe perderse. Dende os seus impresionantes actos de maxia ata os seus momentos de humor e conexión co público, este espectáculo ofrece unha experiencia inesquecible chea de maxia, fantasía e diversión para todos.

Maxia en estado Puro

Unha sesión de ilusionismo concibida especialmente para un público familiar; Unha mestura de maxia e fantasía con efectos sorprendentes e coa participación activa do público alí presente. No espectáculo faise un pequeno percorrido polas distintas especialidades que ten o ilusionismo mediante xogos de maxia en clave de humor, co que conseguimos un espectáculo dinámico e divertido, que consegue facer rir o público máis diverso.

Poderemos ver cordas que se cortan e se unen de forma máxica, panos que viaxan e desaparecen, cartas pescadas do aire, libros que se tintan coa mirada do público, estrelas que aparecen das orellas dos rapaces e incluso unha nova forma de cociña, a Gastromaxia. O espectáculo, que dura 60 minutos, remata cun clásico, “A guillotina” pero cunha presentación singular onde a tensión propia do xogo queda diluída nunha situación cómica e moi divertida.

TECNOLOXÍA MÁXICA


A maxia da ciencia e a tecnoloxía

O espectáculo tecnoloxía máxica consiste nunha sesión de maxia na que se mistura o ilusionismo co pragmatismo ciéntifico mediante aparellos tecnolóxicos e ferramentas de uso cotiá.
Os efectos máxicos que se presentan están ba- seados en fundamentos físicos e tecnolóxicos pero cun remate inesperado e sorprendente ó que lle podemos dar unha única explicación «É MAXIA»


O que se pretende coa tecnoloxía máxica é posibilitar un achegamento por medio dos diversos xogos de maxia, os segredos da ciencia e da tecnoloxía e o co ñecemento de novos términos tecnolóxicos da socie-dade actual, dentro dun clima lúdico, de imaxinacion e de suspense

A FERRADURA MÁXICA

Descubre os segredos da maxia

Un novo concepto de maxia, un obradoiro espectáculo onde os asistentes en grupos reducidos aprenden os segredos da maxia, ensáianos e sorpréndense coa arte da prestidixitación levando consigo o pracer de, ó saír da carpa, sentirse pequenos magos.

A CARPA MÁXICA

Todo transcorre nunha pequena carpa, ideal para o verán ó aire libre. Durante hora e media realizaránse varias sesións.

MAXIA CON OBXECTOS COTIÁNS

Preténdese que os rapaces ocupen o seu tempo libre neste obradoiro, aprendendo a facer e a construir os seus propios xogos de maxia, sempre utilizando materiais fáciles de atopar ou de refugallo. Todos os materiais utilizados serán proporcionados dentro da carpa. 

×

Hello!

Click one of our contacts below to chat on WhatsApp

× ¿Cómo puedo ayudarte?